A Economía Social e Solidaria (ESeS) entende a economía como medio -non como fin- ao servizo do desenvolvemento persoal e comunitario. Propón para iso que a actividade económica teña como centro ás propias persoas, á súa comunidade e ao medio ambiente. Para acada-lo, procura construír relacións de produción, distribución, consumo e financiamento fundadas nos principios de xustiza, cooperación, reciprocidade e axuda mutua.
O seu fin último é facer posíbel outro xeito de focar e xestionar a economía, potenciando, apoiando e coordinando as iniciativas asociativas, empresariais, económicas e financeiras que están comprometidas con seis grandes principios da Carta Solidaria:
- Equidade.
- Traballo.
- Sustentabilidade ambiental.
- Cooperación.
- Sen fins lucrativos.
- Compromiso coa contorna.
[youtube http://www.youtube.com/watch?v=tn_XXzaCfY4]