O consumo é na actualidade un dos eidos de maior experimentación e crecemento en economía solidaria e un ámbito fundamental para acadar mudanzas económicas estruturais que supoñan unha transformación dos modos de vida actuais. As experiencias que repensan o consumo desde a práctica ofrecen unha riqueza de extraordinario valor, porén non exenta de dificultades e desafíos importantes que trataremos de abordar.
Que atoparás neste eixo:
- Visibilización de iniciativas de consumo cooperativo existentes.
- Promoción da súa replicabilidade e xeración de espazos de aprendizaxe mutua.
- Conexión entre as iniciativas de economía solidaria e unha cidadanía que procura alternativas máis coherentes nos seus hábitos de consumo.
- Creación de novos níveis de intercooperación para favorecer a escalada dos proxectos.
Más información: El consumo como espacio de experimentación y creación individual y colectiva.