A Economía Social e Solidaria é un campo privilexiado para pór en práctica as teorías que entenden a economía como algo máis que a asignación eficaz de recursos. Construír un tecido produtivo que sitúa ás persoas e o seu contexto social e ecolóxico no centro significa que estas poden decidir que, como e para que se produce. A produción ponse ao servizo da sustentabilidade da vida, tanto da humana como da contorna ecolóxica onde se desenvolve.
Que atoparás neste eixo:
- Achegas críticas desde a economía feminista e a economía ecoloxista.
- Fortalecemento de pontes xa existentes entre os diferentes nodos, formais e informais, onde se produce coñecemento.
- Apertura a colaboracións anómalas entre investigadoras universitarias e traballadoras que desde a súa cooperativa están a facer outra economía.
- Acceso a coñecemento situado, valioso e á vez difícil de atopar, ao que todas temos dereito.
Más información: La (re)producción social del conocimiento requiere de unas condiciones sociales mínimas