27, 28 e 29 de novembro, Zaragoza

Congreso Internacional de Economía Social y Solidaria Inscripción al Congreso Internacional de Economía Social y Solidaria

Eixo 5: Creación e sustentabilidade de tecido económico social e solidario

O modelo empresarial tradicional está a verse cuestionado polas súas formas de organizar e xestionar o traballo asalariado, baseado en fortes desigualdades e incapaz de garantir emprego a sectores cada vez máis amplos da poboación. As alternativas que ofrece a economía social e solidaria continúan en expansión, aínda que non exentas de ameazas de precarización, atomización e vulnerabilidade se non pensamos de forma colectiva como fortalecermos as ferramentas para a súa creación e consolidación.

Que atoparás neste eixo:

  • Intercambio de experiencias de éxito nas diferentes dimensións que leva a organización empresarial.
  • Profundización sobre os mecanismos de democratización das empresas.
  • Detección de oportunidades de diversificación e desenvolvemento local.
  • Conexión entre entidades para favorecer a xeración e consolidación de relacións de cooperación inter e intrasectoriais.
  • Reflexión sobre as iniciativas laborais xurdidas desde iniciativas cidadás e movementos sociais.

Más información: Aprendiendo a cuidar, fortalecer y ampliar el tejido solidario