27, 28 e 29 de novembro, Zaragoza

Congreso Internacional de Economía Social y Solidaria Inscripción al Congreso Internacional de Economía Social y Solidaria

Fortalecemento de redes

O fin último do I Congreso Internacional de Economía Social e Solidaria  é a creación e o fortalecemento de redes entre todos os axentes que traballan na economía social e solidaria a nivel estatal, europeo e global. A cooperación, a transferencia de coñecemento e a posta en común de experiencias estará presente durante todo o congreso. Se queres mellorar os vínculos da túa organización con outras entidades da economía social e solidaria, tes de asistir.

Algunhas das entidades que cooperan en rede neste proxecto:

  • RedCoop : Composta por Tangente (co-organizadores do I Congreso Internacional de Economía Social e Solidaria), LabCoop, REAS Aragón e Colaborabora.
  • RIPESS : Rede Intercontinental de Promoción da Economía Social e Solidaria.
  • Rejies : Rede de Xovens Investigadores de Economía Social.
  • Rede creada a partir do Seminario de Administracións Públicas e Economía Social, composta por universidades, técnicos da Administración e entidades da Economía Social e Solidaria.
  • Rede de intercooperación ecofeminista.
  • Rede de debate de políticas públicas en relación á Economía Social.

Para máis información: congreso@reasnet.com.