27, 28 e 29 de novembro, Zaragoza

Congreso Internacional de Economía Social y Solidaria Inscripción al Congreso Internacional de Economía Social y Solidaria

Información Xeral: I Congreso Internacional de Economía Social e Solidaria

O I Congreso Internacional de Economía Social e Solidaria (ESeS), que se celebra do 27 ao 29 de novembro en Zaragoza, reunirá a organizacións sociais, administracións, empresas, emprendedores/as e consumidores/as comprometidos/as para pór en común experiencias ao redor da economía social e solidaria e dialogar sobre as súas posibilidades de futuro.

Baixo o lema A Economía atópase coas Persoas, o encontro distribúese por toda a cidade para achegar modelos económicos máis éticos a unha poboación que procura alternativas reais á crise. O congreso será tamén un evento clave para o fortalecemento das redes de economía social e solidaria xa existentes, ben como para a creación de novas alianzas.

Seis eixos temáticos principais e transversais procuran abordar de forma integrada e ampla os temas principais que ocupan a práctica e a teoría da economía solidaria:

  • Diálogos entre a ESyS, as administracións públicas e outras organizacións sociais.
  • Innovación cidadá en consumo.
  • Oportunidades e desafíos das finanzas éticas.
  • Xeración e transferencia de coñecemento en Economía Social e Solidaria: achegas desde o feminismo e outras economías.
  • Creación e sustentabilidade de tecido económico solidario.
  • Economía Social e Solidaria no medio rural.

Os eixos despregaranse a través de diferentes tipos de actividades pensadas para públicos e níveis de profundización diversos. Deste xeito, preténdese xerar diferentes itinerarios de experimentación do Congreso en función dos intereses, as inquietudes e os coñecementos dos/as asistentes.

Porén, o Congreso é moito máis: Dous foros achegarannos experiencias inspiradoras sobre temas transversais de interese xeral. As organizacións de economía social e solidaria terán a ocasión de atoparse nun espazo Meetic. As/Os consumidoras/es comprometidas/os poderán informarse sobre alternativas de consumo nun espazo MeCambio. E unha gran gala de premios pechará o Encontro, que durante o tres días contará con programación cultural.

Ademais, o 26 e 27 de novembro, tamén en Zaragoza, celebrarase un Seminario sobre Administracións Públicas e Economía Social. E, en paralelo ao Congreso, o 28 e 29 de novembro, un Encontro de Xovens Investigadores.