O I Congreso Internacional de Economía Social e Solidaria, que se celebra os días 27, 28 e 29 de novembro en Zaragoza, enmárcase dentro do proxecto para a Promoción de iniciativas de Economía Social, que desenvolve REAS Aragón coa colaboración do Concello de Zaragoza.
O obxectivo do proxecto é promover a creación de consorcios e redes de carácter autonómico, nacional e europeo para mellorar a cohesión social, ben como para contribuír á xeración e mantemento do tecido social e económico, profundar na democracia, a innovación social e o desenvolvemento local.
A Economía Social adoita inscribirse nunha dinámica local e territorial. Moitas das organizacións máis innovadoras son de pequenas dimensións e funcionan a escala local. Para promover a difusión destas experiencias e fortalecer a intercooperación con proxectos supraterritoriais, organizamos este congreso internacional.